
Nas vacacións de Nadal recibimos a visita dun amigo francés, Emeric, que veu desde París para descansar uns dias. Sorprendéronlle moito os camelios en flor, as palmeiras das casas indianas e as laranxeiras cargadas de froitos. Mesmo chegou a manifestar certa envexa pola benignidade do noso clima ¡...!
En realidade, por estrano que pareza, segundo a FAO o clima da comarca do Eume é moi apropiado para o cultivo de cítricos. Sempre pensei o contrario, que se daban só laranxas agrias, pequenas e de monda gorda. Mais ignoro o criterio que rixe o aproveitamento da terra. Se o Kg de limóns ronda os dous euros ¿É preferible o monocultivo do eucalipto?
Decidín preguntarlle ao veciño, home que cultiva azafrán e elabora o seu propio viño, pensando que algo sabería. A resposta non foi concluinte, pero quedeime coa idea de que os cataláns seguen un criterio máis racional ao elexir os cultivos; fan análise da terra, e estudian previamente as condicións da zona. Os galegos, pola contra, facemos o que nos peta. E así nos vai.
Azafrán en Cervás, colleita de xuño de 2010
Azafrán en Cervás, colleita de xuño de 2010