miércoles, 18 de mayo de 2011

O soño de Francis Bacon

     Se ben é certo que as sociedades humanas desenvolvéronse constantemente grazas á adquisición de coñecementos e técnicas, tamén é certo que nunca na historia do home este proceso se acelerou tanto como nos últimos tempos, sendo principalmente os avances científicos e tecnolóxicos os motores do cambio. Non hai máis que consultar as seguintes gráficas para constatalo:

Concentración de dióxido de carbono nos últimos 417.000 anos. A parte vermella indica a variación a partir de1800.


Concentración de CO2 atmosférico medido no observatorio de Mauna LoaCurva de Keeling



Lineal gráfico que mostra o cambio da poboación mundial de 10.000 antes de Cristo ata a actualidade.

      Esta aceleración prodúcese desde a fin do século XX e débese, por unha banda, á confluencia do aumento da densidade poboacional (sinalada por Malthus no século XIX) e a conseguinte necesidade de abastecemento (enerxía, alimentos, ocio...), e pola outra ao avance tecnolóxico que maximizou a eficacia da explotación dos recursos naturais.
     Que pensaría Francis Bacon espertase no século XXI? El soñaba cunha sociedade perfecta gobernada pola técnica cando imaxinou a utopía descrita na súa obra La Nueva Atlántida. Mais o adianto tecnolóxico non asemella ser suficiente para lograr esa harmonía,  pois a nosa sociedade é moi evolucionada tecnoloxicamente, pero estes adiantos conlevan fondas contradiccións: por unha banda deseñamos fármacos eficaces contra o cancro, e  pola outra, a tecnoloxía aplicada aos proceso industriais convértese nunha fonte constante de residuos tóxicos, moitos deles canceríxenos para as persoas.


                                                                 Verquido de lodos tóxicos na Hungría


    No século XX algunhas voces se alzaron contra o uso capitalista da ciencia sinalando un paradoxo da nosa época: por completo racionalizada e tecnificada no que se refire aos medios, pero subordinada ás decisions arbitrarias do "poder" no referente aos fins. "Aquilo que o home quere aprender da natureza é como utilizala para os fins de dominio integral da natureza e dos homes. Non se considera nada máis". (cita de Horkheimer)


   Ante este panorama ¿Que nos cabe esperar? ¿Confiar na ciencia e no progreso a través da tecnoloxia ou proclamar unha volta ao "natural"?

   Desde este blog a segunda opción parécenos inviábel por moitos motivos, entre eles que se trata dunha falacia, xa que o home é "naturalmente" un ser cultural e, nos guste ou non, a tecnoloxía revélase como algo inherente á súa cultura. E tamén debemos ter en conta que a progresión da densidade poboacional e das necesidades de abastecemento esixen novas formas de interrelación co contorno. Por iso reivindicamos unha ciencia que vaia máis alá da mera racionalidade técnica e que estea rexida pola racionalidade dos fins. Pensamos, en fin,  que esta é a verdadeira filosofía do denominado  desenvolvemento sustentábel.


¿Que comemos?

Aquí estamos traballando, os alumnos de 1º ESO B, na elaboración dun mural para o cortizo do Recanto Verde sobre a composición dos alimentos. O porquiño que fai Raquel vai representar a carne, e o peixe que sostén Gabriel vainos ser moi útil para lembrarnos a importancia dos Omega-3 para a nosa saúde. Esperamos que vos guste

.



O estraño caso da abella perdida

Publicouse en La Voz de Galicia un artigo explicando o problema que supón a desaparición de abellas en Galicia, por motivos probablemente relacionados coa contaminación por axentes tóxicos dos pesticidas. O tóxico afecta ao sentido da orientación das abellas, impedindo a volta ao panal e producíndose unha preocupante redución da súa poboación. Na noticia exponse a aparición de casos paradigmáticos, nos que a única abella que encontraron na colmena era a raíña: a única que non saiu nunca da mesma. ¿Por que consideramos que éste é un problema importante? Porque sin abellas case non habería polinización nin, polo tanto, froita nin outros cultivos. E como non se modifiquen as cousas, teremos que facela nós manualmente, flor a flor, paseniñamente...


Traballo exposto no cortizo do Recanto Verde e feito coa colaboración de Raquel, Giovanna e Aurora, alumnas de 1º ESO B