lunes, 31 de octubre de 2011

Noite do 31 de outubro



    Penso que esta caveira do Samaín serve para aterrorizar á mesma Santa Compaña.


 Velaquí unha vella e inquedante historia de Rafael Dieste para a noite de difuntos:


 E, para escoitar, Tales of mistery and imagination, The Fall of the House of Usher,  de Alan Parsons

A puntualidade das flores




     O gran naturalista sueco Carlos Linneo (1707-1778), pai da botánica moderna, deseñou un xardín no que as flores indicaban, ao abrir e pecharse, a hora exacta...

domingo, 30 de octubre de 2011

De quen é esa vaca?






     Estes preciosos exemplares de vacas cachenas podedes atopalos nun lugar fronteirizo entre o Concello de Ares e o de Mugardos, pola zona da Queira.. Fai anos ésta era unha das razas autóctonas de Galiza, apreciada pola súa rusticidade, resistencia ao frío e facilidade dos partos. Durante a década dos oitenta o número de cabezas reduciuse a varias decenas de exemplares. A pesar de que a Xunta promociona desde fai anos con subvencións o desenvolvemento da raza no noso territorio, na actualidade segue a estar en perigo de extinción cunha poboación estimada de 3000 exemplares.