domingo, 30 de octubre de 2011

De quen é esa vaca?






     Estes preciosos exemplares de vacas cachenas podedes atopalos nun lugar fronteirizo entre o Concello de Ares e o de Mugardos, pola zona da Queira.. Fai anos ésta era unha das razas autóctonas de Galiza, apreciada pola súa rusticidade, resistencia ao frío e facilidade dos partos. Durante a década dos oitenta o número de cabezas reduciuse a varias decenas de exemplares. A pesar de que a Xunta promociona desde fai anos con subvencións o desenvolvemento da raza no noso territorio, na actualidade segue a estar en perigo de extinción cunha poboación estimada de 3000 exemplares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario