miércoles, 8 de junio de 2011

I Mostra do xoguete reciclado

"Los juegos infantiles no son tales juegos, sino sus más serias actividades"
Michel de Montaigne.





A continuación imos presentar uns datos para reflexionar:

Por unha banda, temos  o feito de que dous terzos de todos os xoguetes que se venden no mundo son de fabricación chinesa. A tendencia presenta na actualidade unha lixeira variación á baixa por motivos económicos (a industria do xoguete só representa o 1´5 do PIB chinés).

E pola outra, un dato representativo da contaminación que xera a industria do xoguete: na cidade de Madrid o récord de recollida de lixo está nas noites do 6 ao 7 de xaneiro. O peso do lixo increméntase esa noite en 2,250 toneladas, só pola masa dos cartóns e as embalaxes.

Algunha das conclusións que se desprenden dos datos é que o xogo infantíl está a convertirse nun mero acto de consumo, perdendo o seu carácter imaxinativo e enriquecedor. E, por enriba,  importamos os xoguetes e contaminamos o noso contorno con eles, destacando como unha das contaminacións máis preocupantes  a das pillas dos pequenos obxectos de usar e botar no lixo. O espírito desta mostra é decatarnos da posibilidade de divertirse e facer cousas bonitas sen necesidade de comprar ou contaminar.